Sobre min

Alberte Mera
Marketing & Comunicación
Co eixe na estratexia e a comunicación, máis de dez anos de experiencia profesional no sector.
Nacín en Vigo no 87, a cidade do mar que me viu medrar e, aínda que din que era un cativo calmado, miñá cabeza sempre gostaba de crear, debuxar e escribir historias e situacións. Logo dos estudos de arte na adolescencia, cheguei a Pontevedra onde me licenciei en Comunicación Audiovisual (2009) pola Universidade de Vigo, con máster en Comunicación e Industrias Creativas (2010) pola Universidade de Santiago. Conto tamén coa certificación de profesionalidade de máis alto nivel en Xestión de Marketing e Comunicación (2018) expedida polo Ministerio de Traballo.
Clientes e traballos

Algúns dos meus clientes actuais e empresas nas que desenvolvín a miña profesión son: Universidade de Vigo (actualmente), Alareira Gourmet, Mancomunidade Intermunicipal de Vigo, O Monte, Alcrique, O Diario Galego, BNG, Galiza Nova, Fundación Terra e Tempo, Xornal de Galicia, Atlántico Diario.

Certificacións
  • Certificado Publicidade en búsquedas . Google
  • Certificado Fundamentos de AdWords . Google
  • IQ Google Analytics . Google%
  • Certificado Cloud Computing . EOI
  • Curso Deseño Gráfico Publicitario . Deusto
Formacíón

Licencieime en Comunicación Audiovisual (2009) pola Universidade de Vigo, especializándome en Guión e Dirección na Universidade de Santiago, onde tamén obvtiven o título de máster en Comunicación e Industrias Creativas (2010) cun traballo de investigación sobre os reinicios do cinema galego na década dos 70.

En 2018 obtiven a certificación de profesionalidade en Xestión de Marketing e Comunicación que expide o Ministerio de Traballo.

Competencias
Illustrator, Photoshop, InDesign
Edición audiovisual
Social Media Manager
Wordpress