Marketing & Comunicación

Comunicar calidade

Desterra a amarga tendencia de encher por encher. O horror vacui hai anos que pasou de moda.

A calidade do contido é o principal valor diferencial e tamén o principal servizo que ofrecer ao usuario, mais tamén cómpre atender á usabilidade do que se presenta… non che van agardar a que o teu contido por fin se visualice despois de segundos cargando. Cómpre coidar e afinar o que se comunica, como se fai, e a usabilidade do medio. Traballo, esmero, estratexia, estar a lerta e… por fin… posicionamento e incluso viralidade!

Calidade para medrar

Información multisoporte para públicos diferentes con necesidades diversas en distintas situacións.

  • Xestión de contido web.
  • Marketing e redacción de contidos.
  • Redacción informativa.
  • Redacción creativa. Copy.
  • Social media management.
[/slz_video]