NOVOS TEMPOS, NOVA ESTRATEXIA PARA COMUNICAR

Somos o que comunicamos. O que e o como se transmite xera unha imaxe e unha idea definitoria de nós mesmxs. E porque habitamos nunha sociedade dinámica na era dixital, xa non só se trata do bo facer, dun bo produto, dunha mensaxe acertada ou, se callar, dun negocio resolutivo cunha boa campaña publicitaria. Hoxe precísase de máis, dunha óptica 360 que evite que a mensaxe caia nese caixón deslabazado a onde o noso cerebro envía os milleiros de impactos que a diario recibimos a través de diversas canles. É pois, que aquilo que queres transmitir, debe espertar o máximo interese no público que desexas.

Que unha campaña chegue ao teu target, que lle interese e sobre todo, que a recorde é fundamental. Estratexia, inbound marketing, comunicación amábel e motivadora, o estudo e analítica contínua, o posicionamento… eis algunhas pistas…

analizar. idear, crear, comunicar, alcanzar...
O abano do bo facer
Estratexia e asesoramento
Táctica e estratexia. Sen elas perdemos. Unha comunicación eficaz precisa dunha análise profunda e certeira.
Marketing & Comunicación
A calidade do contido é o principal valor diferencial e tamén o principal servizo que ofrecer ao usuario.
Deseño e identidade
Arte, creatividade e branding. Deseño multisoporte para comunicar.
Social Media
Sobrepasar o ruído na rede, comunicar, crear comunidade.
Produción & eventos
Deseño e produción de eventos. Programación cultural.
Audiovisual
Gravación e posprodución audiovisual. Fotografía. Animación.

Ola, son Alberte Mera. Son profesional do marketing e comunicación, con máis de dez anos de experiencia certificada. Licencieime en Comunicación Audiovisual (2009) pola Universidade de Vigo e realicei o máster oficial en Comunicación e Industrias Creativas (2010) pola Universidade de Santiago. Conto ademas coa certificación de profesionalidade en Xestión de Marketing e Comunicación (2018) expedida polo Ministerio de Traballo.

Desde 2008 traballo por conta propia e allea en marketing dixital estratéxico e operativo, inboud marketing e campañas por email. Son xestor e editor de contidos web, realizo traballos de posicionamento SEO e campañas SEM e Ads, e gabinete de prensa e comunicación. A miña experiencia profesional tamén inclúe a dirección e coordinación de equipos con posto de responsabilidade e a produción e desenvolvemento de eventos.

Algúns dos meus clientes actuais, institucións e empresas con quen desenvolvín a miña profesión son: Universidade de Vigo, Alareira Gourmet, Mancomunidade Intermunicipal de Vigo, O Monte, Alcrique, O Diario Galego, BNG, Galiza Nova, Fundación Terra e Tempo, Xornal de Galicia, Atlántico Diario.

Algúns dos meus traballos
Quen ten confiado en min?
Deseñar
Crear
estratexias de comunicación
en tempos novos